Békés (Condado)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Condado de Békés (Húngaro: Békés megye; Romanés: judeţul Bichiş; Eslovaco: Békešská župa) é un condado administrativo (megye) situado no surleste de Hungría, na fronteira con Romanía. O condado fai fronteira cos condados húngaros de Csongrád, Jász-Nagykun-Szolnok e Hajdú-Bihar. A capital do condado de Békés é Békéscsaba. O condado forma parte da eurorexión Danube-Kris-Mures-Tisa.
Índice |
[editar] Xeografía
Békés está situado na gran chaira húngara. O condado ten unhas precipitacións medias anuais de 645 mm/ano . Un quinto das reservas húngaras de gas atópanse no condado. O río Körös/Criş é o maior río que atravesa o condado.
[editar] Demografía
O condado ten unha poboación de 392.000 habitantes (2001). Máis do 60 % da poboación vive en vilas. Depois da maioría húngara , as minorías maiores son os eslovacos (7.000), os xitanos (5.000), os romaneses (4.000), os alemáns (1.500) e os serbios (400).
[editar] Estrutura rexional
A estrutura rexional do condado de Békés é típica da gran chaira húngara: o condado posúe poucas vilas pero as que ten , teñen unha destacable poboación. O 70% da poboación vive en vilas e cidades , o 17% viven na capital do condado.
[editar] Cidade con dereitos de condado
[editar] Vilas principais
(ordeadas por poboación, segundo o censo do 2001)
Gyula (32.967) | Vésztő (7.656) | |
Orosháza (32.052) | Mezőkovácsháza (7.026) | |
Békés (21.657) | Battonya (6.747) | |
Szarvas (18.563) | Tótkomlós (6.638) | |
Gyomaendrőd (15.523) | Füzesgyarmat (6.565) | |
Mezőberény (11.551) | Mezőhegyes (6.355) | |
Sarkad (10.959) | Csorvás (5.765) | |
Szeghalom (10.201) | Elek (5.583) | |
Dévaványa (8.986) |
Tradución do artigo Békés County da wikipedia inglesa.
Condados de Hungría | ||
---|---|---|
Condados: | Bács-Kiskun | Baranya | Békés | Borsod-Abaúj-Zemplén | Csongrád | Fejér | Győr-Moson-Sopron | Hajdú-Bihar | Heves | Jász-Nagykun-Szolnok | Komárom-Esztergom | Nógrád | Pest | Somogy | Szabolcs-Szatmár-Bereg | Tolna | Vas | Veszprém | Zala | |
Condados urbanos: | Békéscsaba | Debrecen | Dunaújváros | Eger | Érd | Győr | Hódmezővásárhely | Kaposvár | Kecskemét | Miskolc | Nagykanizsa | Nyíregyháza | Pécs | Salgótarján | Sopron | Szeged | Szekszárd | Székesfehérvár | Szolnok | Szombathely | Tatabánya | Veszprém | Zalaegerszeg | |
Capital: | Budapest | |
Vexa: Xeografía de Hungría |