Autódromo do Estoril
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Autódromo do Estoril, cuxo nome oficial é Autódromo Fernanda Pires da Silva, é unha pista de carreiras de 4,36 km en Portugal, e foi a sede do Gran Premio de Portugal de Fórmula 1 entre 1984 e 1996. Actualmente, e desde a tempada do 2000, é sede do campionato do mundo de motociclismo nas súas tres categorías (125cc, 250cc e MotoGP).
O circuíto de Estoril foi construido en 1972 nunha meseta rochosa preto de Estoril, Portugal. O circuíto ten dúas curvas en forma de horquilla, subidas, baixadas e unha longa recta onde se sitúa a meta. Nos primeiros anos realizáronse moitas competicións nacionais e ocasionalmente carreiras de Fórmula 2. Con todo, a falta de mantemento quitoulle posibilidades de ser utilizada para a Fórmula 1 ata 1984, ano en que de novo estivo a punto.
A través dos anos o circuíto de Estoril adoeceu de problemas de seguridade, e varias veces non logrou aprobar as inspeccións. Ademais, os ventos son frecuentes no autódromo.
Cabe destacar que este foi o último circuíto de Fórmula 1 no que non había chicanes. Con todo, tras a morte de Ayrton Senna no Gran Premio de San Mariño de 1994, en Imola, decidiuse pór unha chicane na curva de "tanque", pasándose a chamar "chicane Gancho".
[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Estoril
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1984 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:41:11,753 h | 4,350 km | 70 | 180,541 km/h | 21. Outubro | Portugal |
1985 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 2:00:28,006 h | 4,350 km | 67 | 145,160 km/h | 21. Abril | |
1986 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:37:21,900 h | 4,350 km | 70 | 187,644 km/h | 21. Setembro | |
1987 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:37:03,906 h | 4,350 km | 70 | 188,224 km/h | 20. Setembro | |
1988 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:37:40,958 h | 4,350 km | 70 | 187,034 km/h | 25. Setembro | |
1989 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:36:48,546 h | 4,350 km | 71 | 191,418 km/h | 24. Setembro | |
1990 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:22:11,014 h | 4,350 km | 61 | 193,725 km/h | 23. Setembro | |
1991 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:35:42,304 h | 4,350 km | 71 | 193,626 km/h | 22. Setembro | |
1992 | Nigel Mansell | Williams-Renault | 1:34:46,659 h | 4,350 km | 71 | 195,521 km/h | 27. Setembro | |
1993 | M. Schumacher | Benetton-Ford | 1:32:46,309 h | 4,350 km | 71 | 199,748 km/h | 26. Setembro | |
1994 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:41:10,165 h | 4,360 km | 71 | 183,589 km/h | 25. Setembro | |
1995 | David Coulthard | Williams-Renault | 1:41:52,145 h | 4,360 km | 71 | 182,328 km/h | 24. Setembro | |
1996 | J. Villeneuve | Williams-Renault | 1:40:22,915 h | 4,360 km | 70 | 182,423 km/h | 22. Setembro |
Record: N.Mansell / A.Prost (3 Veces)