See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Aurora Rodríguez Carballeira - Wikipedia

Aurora Rodríguez Carballeira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Aurora Rodríguez Carballeira (1879 - 1955) pasou á historia por ser a nai de Hildegart, un experimento científico que ela concibiu como a muller do futuro.

Aurora naceu en Ferrol o 23 de abril de 1879 (aínda que adoitaba mentir sobre a súa idade e circulan moitas datas diferentes) na casa familiar da rúa Madalena. Ante a carencia dunha educación formal que sempre lamentou (e que sería unha das razóns aducidas para que a súa filla completase o labor para o que a nai non estaba preparada), substituíu esta por leituras na sortida biblioteca de seu pai, de ideas liberais e progresistas, fundamentalmente de socialistas utópicas. Cando a sua irmá Josefa tivo un fillo de solteira e o deixou ao coidado de Aurora (con dezaseis anos), esta educouno até que se converteu no neno prodixio Pepito Arriola, que axiña foi reclamado por súa nai e levado a Madrid, onde tivo un enorme éxito (segundo a versión de Aurora aínda que, como se asume comunmente, a familia de Pepito di que nunca se separou de súa nai). Este suceso afondou as súas ideas reformadoras e euxenésicas, ademais das súas preocupacións polos dereitos da muller; isto levouna a concibir o proxecto de criar unha muller en condicións óptimas que chegase a ser un exemplo das súas ideas. Buscou un pai que nunca puidese reclamar á criatura e atopouno: a profesora Rosa Cal estableceu con fundamento que se trataba dun cura castrense leridán chamado Alberto Pallás, con quen tivo "colaborador fisiolóxico" tres "encontros carnais" (sempre segundo Aurora) até que estando segura do embarazo se trasladou a Madrid para darlle á súa filla a vida que ela lle tiña preparada. O experimento inicialmente cumpriu as expectativas de Aurora, e Hildegart converteuse nunha personalidade internacional, aínda que a liberdade na que fora educada a levaría un profundo compromiso político e a separarse de súa nai até que, inspirada pola loucura (unha suposta conspiración para arruinar a súa "escultura de carne") e o medo a perder á sua filla, asasinouna. Nunca se arrepentiu do seu acto e repetiu que volvería facelo. Foi condenada a 26 anos de cárcere, que cumpriu na maior parte no manicomio de Ciempozuelos. Até que se atopou o seu historial en 1977, a crenza común era que desaparecera durante a guerra, aínda que realmente morreu de cancro no manicomio o 28 de decembro de 1955.

[editar] Bibliografía

  • A mi no me doblega nadie: Aurora Rodríguez, su vida y su obra (Hildegart) Rosa Cal Mártinez Sada : Ediciós do Castro, D.L. 1991 ISBN 84-7492-542-8
  • Aurora de sangre Eduardo De Guzman, Madrid: G. del Toro, 1972.
  • El manuscrito encontrado en Ciempozuelos : análisis de la historia clínica de Aurora Rodríguez Guillermo Rendueles Olmedo, Madrid : Endymion, D.L. 1989. ISBN 84-7731-023-8


[editar] Ligazóns externas

Análise Psicolóxica e política do franquismo desde este caso:
The Interrogation of Aurora Rodríguez


Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -