See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Augusto González Linares - Wikipedia

Augusto González Linares

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Augusto González de Linares (Valle de Cabuérniga (Cantabria), 1845 - Santander, 1 de maio de 1904)

Nado no Val de Cabuérniga, fixo estudos primeiro na escola municipal e logo nos Escolapios de Villacarriedo e no Instituto de Santander. Fixo a carreira de Ciencias Naturais e Dereito en Valladolid e Madrid (1861-1864). Foi axudante de mineraloxía no Museo de Ciencias Naturais (1867-1869) e substituto na cátedra de Historia Natural do Instituto Cardenal Cisneros, ambos en Madrid. doctor en Ciencias no 1870, no 1872 obtén a cátedra de Historia Natural do Instituto de Albacete, que abandona en breve ó obter a cátedra universitaria de Historia Natural na Universidade de Santiago de Compostela, onde está de agosto do 1872 ata abril de 1875, onde é firme partidario do evolucionismo, que comezaba a facerse un oco en España, e deseñou unha filosofía natural de sentido krausista, escribindo un ensaio de introducción ó estudo da Historia Natural (1973).

Co catedrático de Química orgánica, Laureano Calderón (1847-1894), encabezou unha protesta para a liberdade de cátedra en 1875, contra unha circular do ministro naquel entón. En marzo conseguiron adhesións na Universidade Central madrileña, pasando a ser chamada a "segunda cuestión universitaria", motivo polo que foi apartado da súa cátedra.

No 1876, cofunda a Institución Libre de Enseñanza (ILE), a instancias de Francisco Giner de los Ríos, e con Gumersindo de Azcárate e Nicolás Salmerón, entre outros. Foi o primeiro secretario dela ata 1880, ensinando Cristalografía e Morfoloxía Natural xunto a Salvador Calderón (1853-1911), e realiza viaxes científicas por Europa, que facilitaron a investigación botánica con Van Thiegen no Museo De Historia Natural de París e outras noutros lugares e outras personalidades científicas do momento.

No 1881, ó gobernar os liberais, volta á súa cátedra, pero na Universidade de Valladolid por estar ocupada a súa praza en Santiago.

Foi comisionado en 1883 para estudar as costas españolas, comezando as investigacións sobre o litoral. No 1884 reincorporouse á actividade docente en Valladolid, participando na promulgación en 1886 do primeiro centro español de bioloxía marina, a 'Estación Marítima de Zoología y Botánica experimentales'. Ó ano seguinte vai a Italia para estudar a institución correspondente en Nápoles, sendo nomeado á volta director da nova institución, que dirixiría en Santander ata a súa morte.

Na actualidade leva o seu nome un IES.

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -