Asdf
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Asdf son as catro primeiras teclas da fila central dun teclado Qwerty, sobre as que reposa a man esquerda cando non está a escribir. Por ese motivo acostuma ser utilizada cando non importa realmente o que se deba de poñer, coma exemplos ou tests —unha búsqueda na Internet para comprobar a conexión, ou mesmo a creación dun fichero para saber se se posúen permisos de escritura— sen ter significado algún.
"asdf" tamén é o que unha persoa escribe na liña do asunto dun correo electrónico cando non hai realmente un asunto a tratar, isto é, cando simplemente se quere dicir algo sen significado algún. Aínda que tamén hai persoas que empregan a verba "asdf" cando outra persoa di algo, nun foro ou en calquera conversa a través da Internet, que non ten interese algún para o lector e pode ser simplemente ignorado para o ben de quen o escribiu.
A forma máis común é a primera, xa que cando unha persoa se aburre e non sabe que dicir cando unha conversa está detida, escribe asdf unha ou en ocasións máis dunha vez para darlle vida.
‘asdf’ tamén é o contrasinal predeterminado en moitos sistemas informáticos.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Sitio amateur con información ao respecto (en inglés)