See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Arcadio López-Casanova - Wikipedia

Arcadio López-Casanova

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), é un escritor e crítico literario galego.

Índice

[editar] Biografía

Aínda que nace en Lugo, pasa a súa infancia na casa da avoa paterna, nas terras do Páramo. Regresa a Lugo para estudar o bacharelato. Fai Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela entrando en relación cos mestres do galeguismo. Colabora asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Recibiu numerosos premios nas Festas Minervais e noutros certames literarios.

Xa de volta na súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego (1965), e unha homenaxe a Luís Pimentel. Asiste á tertulia luguesa de Celestino Fernández de la Vega, colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección "Ronsel" de poesía. Comeza a impartir docencia no Colexio Fingoy, baixo a dirección do profesor Carvalho Calero, e pasa logo ao lNEM, onde coincide cos catedráticos Alonso Montero e Amable Veiga.

En 1968 trasladouse a Valencia para ocupar unha cátedra de lingua e literatura españolas no Instituto Mariano Benlliure. Desde 1986 é profesor titular do Departamento de Filoloxía Española da Facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia, onde imparte materias relacionadas coa poesía e a novela españolas do século XX, así como a análise e a composición de textos poéticos.

[editar] Obra literaria

Profesor de Literatura e crítico literario, cultivou tamén o teatro e a literatura infantil. Os primeiros libros de López-Casanova reflicten unha preocupación obsesiva por recuperar a infancia, a inocencia perdida, mesturada con dramatismo que expón unha visión desesperada do mundo e das cousas, na liña intimista e angustiada da poesía da tebra. En Mesteres, que supón unha renovación da súa poesía, mostra unha maior preocupación formal, empregando versos de longa andaina, entroncados nas formas rapsódicas da lírica tradicional. Liturxia do corpo contén meditaciones íntimas sobre a morte.

[editar] Obras

[editar] Poesía

  • Sonetos da esperanza presentida (1965).
  • Palabra de honor (1967).
  • Mesteres (1976).
  • Liturxia do corpo (1976).
  • Memoria dunha edá: (1960-1975) (1976).
  • La oscura potestad (1979), Premio Adonais 1978.
  • Antología personal (1987) (bilingüe).
  • Razón de iniquidad (1991).
  • Noite do degaro (1994).
  • Asedio de sombra (1997).
  • En escuro desvelo: poesía, 1972-2002 (2003) (obra poética completa en castelán).
  • Do tempo posuído (2004).
  • Herdo do canto (2006), Premio de Poesía Caixanova.

[editar] Teatro

  • Orestes, 1963

[editar] Narrativa

  • Caeira dos días (2007).

[editar] Literatura infantil

  • O bosque de Ouriol (1973).

[editar] Ensaio

  • Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea (1979).
  • Luís Pimentel e a sombra do aire na herba (1990).
  • Lenguaje de la poesía y figuras gramaticales (1991).
  • La poesía romántica (1991).
  • Miguel Hernández, pasión y elegía (1993).
  • Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética (1994).
  • El comentario de textos poéticos (1994).
  • Diccionario metodolóxico de análise literaria: I A poesía (2001)
  • Dicir unha razón: (varia silva de proverbios, ditados e glosas) (2006) con Luis Alonso Guirgado.
  • Macrotexto poético y estructuras de sentido : análisis de modelos líricos modernos (2007).

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -