Anxo Carbajal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Anxo Carbajal (Ourense 1965) é un actor galego.
Comezou no mundo da interpretación no teatro, concretamente en 1981 na compañía teatral Rúa Viva de Ourense, en 1983 fundou o seu propio grupo teatral, Kéltike Teatro en Amoeiro que mantivo ata 1987. En 1991 fundou Sal-monela Teatro na Coruña, mentres na primeira montou obras en galego na segunda fíxoo en castelán.
[editar] Filmes
- Catalina (2006), Cine
- Pataghorobí (2005), filme para a TVG
- Libro de familia (2004-2007), TVG: Senén Rego, o ex-alcalde
- As leis de Celavella (2004), TVG
- Rías Baixas (serie) (2003), TVG