Ang Thong - อ่างทอง
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ang Thong (อ่างทอง en tai) é a capital da provincia de Ang Thong, Tailandia. Ten 14.400 habitantes (2005)
Ang Thong coñécese historicamente como Wiset Chai Chan, localizada no río Noi. Era unha importante cidade fronteiriza do reino de Ayutthaya durante as guerras con Birmania. Durante o reinado de Taksin, despois da caída de Ayutthaya a cidade moveuse ás beiras do río Chao Phraya, e chamouse Ang Thong.