American Psychological Association
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras organizacións coas siglas APA véxase A.P.A (homónimos)
A American Psychological Association (APA) é unha organización profesional de psicólogos dos EEUU.
Fundouse en xullo de 1892 na Universidade de Clark e o seu primeiro presidente foi Granville Stanley Hall. Actualmente conta con 150.000 asociados e un orzamento anual de $70.000.000, o que a converte na maior asociación mundial de psicólogos. A súa sede central está en Washington e divídese en 53 divisións profesionais e 58 divisións territoriais nos Estados Unidos e Canadá. As súas directrices en diversas materias son moi estimadas por tódolos psicólogos.
[editar] Ligazóns externas
- American Psycological Association (en inglés)