Amchitka
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amchitka é unha illa do grupo Rat, nas Aleutianas, no sueste de Alasca (Estados Unidos). Ten 195 km² de superficie, e 64 km de longo.
Base de operacións do exército de Estados Unidos contra as forzas xaponesas que ocuparan a illa de Kiska durante a Segunda Guerra Mundial.
Foi seleccionada pola Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos para realizar probas con armas nucleares e por iso a Comisión financiou o traslado da vida animal a outras illas. En total realizáronse tres probas entre 1965 e 1971 que causaron moita polémica.