Alonso Sánchez Coello
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alonso Sánchez Coello (Benifairó de les Valls, Valencia, c. 1531 - Madrid, 8 de agosto de 1588) foi un pintor español, pintor de cámara de Filipe II.
[editar] Biografia
A súa formación como artista comezou en Lisboa, como protexido polo rei Xoán III. Marchou despois a Flandes, onde estudou con Antonio Mouro. En 1555 estaba de regreso en España, onde se converteu no retratista da familia real e da súa contorna máis próxima. A súa filla, Isabel Sánchez, pupila súa, foi unha importante retratista.
[editar] Estilo
Era admirador de Tiziano, como el, experto en retratos e figuras sinxelas e dun detallismo propio de Velázquez. Entre a súa obra, atópanse diversas escenas relixiosas para a igrexas e os nobres da corte, aínda que a súa fama débea aos retratos, todos eles da familia real ou a súa contorna próxima. Son retratos de gran sinxeleza nos que reflicte sen artificio aos personaxes, case sempre situados ante un fondo neutro (un cortinaxe de cor escura) que acentúa as cores e calidades das roupaxes.
[editar] Obras
- Filipe II, c. 1557, Kunsthistorisches Museum, Viena (Austria);
- Alejandro Farnesio, 1561, Museo de Meadows, Dallas (Estados Unidos);
- O Arquiduque Rodolfo de Austria, 1567, Coleccións Reais de Hampton Court (Reino Unido);
- As infantas Isabel Clara Eugenia e Catalina Micaela, c. 1568, Mosteiro das Descalzas Reais;
- As fillas de Filipe II, c. 1575, Museo do Prado;
- Infantes don Diego e don Felipe, 1579, Mosteiro das Descalzas Reais;
- Infanta Isabel Clara Eugenia e Magdalena Ruiz, c. 1585, Museo do Prado;
- O Príncipe don Carlos, c. 1557, Museo do Prado;
- Tres santos, 1582, Museo do Prado.