Aino Ackté
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aino Ackté (Aino Achte foi o seu nome de nacemento) (Helsinki 1876 – Vihti 1944) foi unha soprano finlandesa. Foi a primeira figura internacional da ópera finlandesa.
Filla da mezzosoprano Emmy Achte e o compositor Lorenz Nikolai Achte, estudou coa súa nai ata que en 1894 entrou no conservatorio de París. En 1897 debutou na Grand Opera con Fausto, co que logrou un contrato por seis anos, actuou tamén no Metropolitan de Nova York e no Covent Garden de Londres. En 1913 volta a Finlandia, onde continou coa súa carreira ata 1930.