Aeroxerador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un aeroxerador é un dispositivo con un xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador ten se popularizado rapidamente debido ao feito de a enerxía eólica ser un tipo de enerxía renovábel, sen practicamente custos de produción e que non produz contaminación nen contribui ao efecto invernadoiro. No entanto, a cantidade de enerxia producida por este meio é ainda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consome polos países desenvolvidos. Galiza é unha das zonas mais avanzadas en produción de enerxia eólica, cun 12%, lonxe do 18% de Dinamarca pero ben por riba da media da UE.
[editar] Funcionamento
Un aeroxerador dividese en tres partes:
- Torre: canto mais alta, mellor
- Pás: canto mais grandes, mais potencia
- Nacele: Contén a caixa de engrenaxes e o Xerador
A caixa de engrenaxes é necesaria por que as pás xiran a unha velocidade moi baixa e é necesario axustala ao rexime do xerador, tradicionalmente unha máquina asíncrona
Segundo a sua tipoloxía existen tres tipos de sistemas.
- Xerador con rotor en gaiola
- Xerador con rotor bobinado
- Máquina síncrona conectada directamente