Adhesivo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un adhesivo é unha substancia que serve para pegar. Os adhesivos poden ser naturais ou sintéticos. Algúns adhesivos modernos son especialmente fortes, o que é de especial importancia para a construción e a industria.
Os primeiros adhesivos eran gomas naturais. Atopáronse en xacementos arqueolóxicos de 6.000 anos de antigüidade cerámicas que escacharan e foran pegadas usando resina das plantas.