See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Acto de fala - Wikipedia

Acto de fala

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

En pragmática, un acto de fala é unha locución como unidade funcional da comunicación, isto é, a maneira en que o falante intervén sobre o seu contorno mediante o uso das palabras: para informar, incitar, preguntar, convencer, etc.

As locucións teñen dous tipos de significado:

significado locutivo ou significado proposicional
Significado literal básico transmitido polas palabrase estruturas concretas contidas na locución.
significado ilocutivo ou forza ilocutiva
Efecto que o dito ou lido ten sobre o ouvinte ou lector.

Por exemplo, se alguén di Vai frío, o significado locutivo é que a persoa que fala ten sensación de frío. A forza ilocutiva é o efecto que o falante quer teña que o que dixo sobre quen o escoitou. Pode ser fechar unha xanela ou botar unha manta. Un acto de fala é unha locución que ten tanto significado proposicional como forza ilocutiva.

[editar] Clasificación dos actos de fala

O filósofo norteamericano John Searle estableceu a seguinte clasificación dos actos de fala:

comisivo
Compromete ao falante a cumprir algo no futuro, como unha promesa ou unha ameaza:
Come e cala ou non ves a televisión
Devólvocho para a semana que ven
declarativo ou perlocutivo
Muda o estado das cousas:
(nunha voda:) Eu vos declaro marido e muller
directivo
Ten a función de facer que o ouvinte faga algo, como unha suxestión, unha petición ou unha orde:
Senta
Quéresme dicir o que che pasa?
expresivo
O falante expresa sentimentos e actitudes cara algo, como desculpas, queixas, grazas, felicitacións:
A comida estaba deliciosa
representativo
Describe estados ou acontecementos, como afirmacións ou informes:
A Lúa dá voltas arredor da Terra

Durante a maior parte da historia da lingüística e a filosofía da linguaxe, víase a linguaxe fundamentalmente como un medio de realizar afirmacións e ignorábanse os demáis usos. O fenomenoloxista Adolf Reinach a comezos do século XX e o lingüista Roman Jakobson nos anos 60 do mesmo introduciron o concepto de funcións da linguaxe. O traballo máis influinte foi o dos filósofos J. L. Austin e o seu alumno John Searle.

Austin distinguíu entre tres tipos de acto relacionados con ou causados pola realización dunha oración:

Un acto locutivo consiste en dicir algo que ten un significado e é comprensíbel. Por exemplo, Vai frío consta de dúas palabras, comprensíbeis as dúas e que expresan que a temperatura onde está quen fala é incomodamente baixa.

Un acto ilocutivo consiste en utilizar unha oración para levar a cabo unha función. Por exemplo, Vai frío pode ser unha petición, como se ilustrou antes.

Un acto perlocutivo é o resultado ou efecto producido por ter dito algo. Por exemplo, fechar unha xanela ou aportar unha manta.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -