See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Acne - Wikipedia

Acne

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Icona de aviso médico

Advertencia: a Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.


Recreación artística da acne
Recreación artística da acne

A acne, é unha dermatose producida pola retención da secreción das glándulas sebáceas, o que causa inflamacións e infeccións no rostro, lombo, peito e ombreiros, máis frecuente na adolescencia, a forma máis común é a acne vulgaris.


A acne vulgar ou acne polimorfo xuvenil, vulgarmente coñecida como espiñas, é a enfermidade cutánea máis frecuente pois afecta ó 80% dos individuos entre os 13 e 19 anos e pode persistires durante a terceira e cuarta década. Medicamente é unha enfermidade do folículo pilosebáceo, a sua patoxenia implica: aumento da secreción sebácea, dependente dos andróxenos; isto favorece a proliferación da microflora folicular e trastornos da queratinización folicular. Habitualmente está constituido por diversos elementos como son as propias espiñas, pápulas inflamatorias foliculares que poden estaren infectadas (formando pústulas e incluso quistes epidérmicos) e deixar cicatrices de pequeno tamaño que quedarán como lesións permanentes cando o problema desapareza. As localizacións preferentes das lesións son:

  • Cara
  • Nuca
  • Lombos
  • Costas
  • Peito.

A inflamación e infección pode levar á formación de abscesos dermo-epidérmicos constituindo unha forma grave da enfermidade, o acné abscesiforme. Sen embargo o habitual é que esta enfermidade curse por brotes sucesivos durante meses ou anos, que no verán mellore de forma espontánea e que desapareza entre os 25 e mailos 30 anos de idade. É máis frecuente no sexo masculino, mais son as mulleres as que máis consultan sobre o problema.

Existen outros tipos de acné:

  • Acne Rosácea: en mulleres preferentemente despois dos 40 anos. Sobre o nariz e as rexión malares e pode chegar a afectar os ollos (conxuntivite e queratite rosácea).
  • Rinofima: en varóns adultos, repetición do cuadro de foliculite con seborrea abundante que leva a un aumento do volume do nariz.
  • Outras acnés menos frecuentes:
    • Acne necrótica: en adultos de ambos sexos, localizado no borde de implantación do pelo.
    • Acne nodular: deixan moitas cicatrices.
    • Acne queloidiana: Foliculite crónica na nuca, deixando unha cicatriz antiestética.
    • Acnes profesionais: En traballadores expostos ó cloro, alquitrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas sustancias.
    • Acnes iatorxénicas: Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos, etc.



Traballo en progreso: Este artigo relacionado coa medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados coa medicina que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -