Absintio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O absintio ou asente (Artemisia absinthium) é unha planta composta, perenne, de 1 m de altura, moi amarga e algo aromática, os talos empréganse medicinalmente en infusión para estimular o apetito, a secreción de xugos gástricos e biliares e para eliminar as lombrigas, pero o seu consumo prolongado pode causar adicción. Tradicionalmente engadíaselle ás verduras cocidas como acompañante.
Orixinaria das rexións continentais de clima temperá de Europa, Asia e África do Norte.