Abo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O abo ou bankon é unha lingua bantú de Camerún.
ISO/DIS 639-3: abb
Índice |
[editar] Falantes
12.000 falantes (2001), os abos teñen un forte orgullo lingüístico e non hai perda interxeracional.
[editar] Distribución xeográfica
O territorio de lingua bankon está situado no departamento de Moungo (Provincia Litoral), ao norte do río Dibombari e do esteiro do río Wouri en dúas zonas separadas:
- Abo Norte, comprende 14 aldeas e 900 falantes
- Abo Sur, comprende 24 aldeas e 11.000 falantes.
Fóra do territorio abo hai falantes, orixinados pola emigración, en Duala (varios centos), en Mbanga, vila de lingua balong, hai algunhas ducias, ao igua que en Yaundé. En Europa hai falantes esparexidos entre os diversos países.
[editar] Escrita e usos sociais
Ata o de agora a lingua tivo un escaso uso escrito, publicaronse algunhas coleccións de historias tradicionais, traducións parciais da Biblia e editouse algunha publicación periódica de xeito irregular.
En 1996 Gratien Atindogbe edita o primeiro estudo sobre a lingua, Esquisse phonologique du bankon (dialecte lombé).
Hai dúas emisións semanais radiofónicas semanais e existe un grupo musical tradicional abo en Duala.
A educación formal é en francés, case todos os abos maiores de 13 anos poden falar en duala, lingua veciña amplamente empregada nos servizos relixiosos, o francés emprégase para o trato coa administración e nos actos oficiais, o Pidgin camerunés (de base inglesa) úsase cos estranxeiros.
[editar] Historia
Segundo a tradición oral, os abo e os barombi formaban un mesmo pobo orixinario do Congo, que emigraron cara o sur hai séculos.