Abeokuta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abeokuta, cidade do suroeste de Nixeria, nas beiras do río Ogun, 530.000 habitantes (2002)
O nome, en Ioruba, significa baixo das rochas.
A cidade data de 1825, cando diante o perigo das expedicións de saqueo organizadas polos tratantes de escravos, a poboación local estableceu un refuxio neste lugar. Aquí fundaron unha confederación, e cada unha das partes conservou os seus costumes, relixión e mesmo o nome das súas antigas vilas.