See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Abellón (macho da abella) - Wikipedia

Abellón (macho da abella)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abellón.

Os abellóns, abáboros ou abázcaros son as abellas machos da colmea; desenvólvense en celas máis grandes cas obreiras, de 8 milímetros de diámetro e proceden de ovos sen fecundar (partenoxénese). Nacen aos 24 días da posta, a cela operculada é facilmente recoñecible xa que sobresae por ser máis avultada que a dunha obreira. Cando se lles permite estirar panais ás obreiras sen cera estampada é factible que constrúan panais con celas propias de abellóns, nos cales a raíña depositará ovos non fecundados que darán orixe a abellóns. É importante que o apicultor non leve marcos con celas de abellóns á cámara de cría en virtude de que a reprodución destes é inversamente proporcional á produción de mel. As abellas manteñen naturalmente proporcións de abellóns elevadas, con respecto á necesaria na práctica apícola, destinada á produción de mel.

Os abáboros aparecen normalmente na primavera, perdurando en toda a estación reprodutiva da colonia, primavera-verán-comezo de outono, sempre que existan raíñas sen fecundar; sendo o tempo de vida de aproximadamente 3 meses. Se o fluxo de alimento é escaso as abellas obreiras expulsan aos machos, morrendo de frío ou fame fóra da colmea. As colmeas con raíñas virxes toléranos ata a fecundación da mesma.

A fecundación da abella raíña, prodúcese no voo de fecundación ou voo nupcial, que normalmente as raíñas repiten en dúas, tres e ata en cinco oportunidades. Copulando en pleno voo para caer ao pasto moitas veces xuntos. Logo da cópula o abáboro morre dado que se desprende o seu aparello xenital. As raíñas copulan con ata 15 abáboros, asegurándose deste xeito unha variabilidade xenética (debido á poliandria (varios pais)) que terá a prole. A raíña garda no interior do seu abdome o esperma dos diferentes machos con que copulou. Os abáboros non posúen aguillón, xa que o aguillón é en realidade un colector de ovos modificados.

Índice

[editar] Ciclo vital do abellón

Tipo ovo Larva Operculado Pupa Período desenrolo Fertilidade
Abellón 3 días ata o 6º 1/2 día ata o 9º 1/2 día ata o 15º 1/2 día 16 días máis aprox. 24 ou 25 días


[editar] As funcións do abáboro na colmea

Fecundar á raíña: Ente os 12 e 24 días do seu nacemento, están maduros para o apareamento, as aletas que suxeitan o aparello xenital da raíña deben estar alaranxadas, realizan a cotián grandes percorridos en busca de colmeas cunha raíña virxe. No voo nupcial, o abáboro máis forte fecundará á raíña, xa que éste é o que a alcanza máis facilmente, no seu voo vertical. Adoitan ter lugares espcíficos onde se pousan no día á espera dun voo de fecundación, e se non conseguen fecundar unha raíña, vagarán dunha colmea a outra. Este comportamento convérteos en importantes transmisores de enfermidades.

Producir calor: Póusase sobre os cadros con cría substituíndo ás obreiras ama de cría para producir calor e quentar a cría, liberando ás amas de cría para outras funcións.

Abellóns e obreiras
Abellóns e obreiras

Repartir néctar: Os abellóns realizan a trofalaxe que é a conduta de repartir alimento entre as obreiras, provendo alimento ata a 50 obreiras. O néctar con gran porcentaxe de auga, debe pasar varias veces polo buche das obreiras para chegar a ser mel, desta forma, os abáboros contribúen á elaboración do mel.

Os abellóns, son facilmente recoñecibles por varias características, os seus grandes ollos que se tocan se os observamos desde a parte superior, maior tamaño, o seu abdome rectangular longo e robusto e o seu voo ruidoso. Nas fotografías é posible ver o tamaño dos ollos dun abáboro e unha obreira. Os seus ollos ao ser grandes permítenlle ter un amplo campo de visión; é sen dúbida a caste que mellor ve, xa que deben poder localizar ás femias virxes no voo de apareamiento. Teñen a língua moi corta o cal lles impíde libar o néctar, por iso son alimentados polas obreiras. Non teñen corbícula no terceiro par de patas como as obreiras, o que lles impide o transporte de pole ou propóleo. O non posuír glándulas odoríferas permítelles entrar a calquera colmea xa que as abellas obreiras encargadas da vixilancia da colmea non poden identificalos como membros da colonia ou elementos expúreos. Non teñen aguillón.

[editar] Elixir abáboros que un quere que fecunden unha raíña

Se un seleccionou unha colmea mansa e quere que este carácter (transmitido polos abáboros) prevaleza, pódese establecer unha zona de fecundación, para iso as colmeas que un pretende que acheguen os abáboros deben estar saturadas deles. O apicultor deberá instalar marcos con celas de Abellóns na cámara de cría destas colmeas, polo menos 60 días antes da fecundación das raíñas, nacidos os abellóns aos 24 días, e madurados sexualmente nun tempo similar, estaremos en condicións de saturar cos exemplares elixidos unha zona de fecundación, tendo deste xeito maior probabilidade de apareamento.

Outro método para a elección da xenética dos abáboros é a inseminación artificial da abella raíña con seme destes. O seme obtense cunha xiringa de fecundación especial, apertando o abdome dos abáboros sexualmente maduros.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -