Abdelaziz Bouteflika
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abdelaziz Bouteflika (عبجد العزيز بوتفليقة) (nado o 2 de marzo de 1937). Presidente de Alxeria dende o 27 de abril de 1999.
Comeza estudos de filosofía, pero interrómpeos para se unir á FLN e o Exército de Liberación Nacional. Foi un dos líderes da Guerra de Independencia Alxeriana, e cando Alxeria obtivo a independencia en 1962 converteuse en ministro de deportes e mocidade. En 1963 asumiu a carteira de exteriores e membro da Asemblea Lexislativa. Durante a súa época en exteriores, Alxeria, converteuse nun dos líderes dos países non aliñados. Dimitiu en 1979 e entre 1981 e 1983 exiliouse ao ser acusado de corrupción.
En 1999 presentouse como candidato á presidencia, saíu elixido co 74% dos votos e en 2004 presentouse de novo, obtendo o 83% dos votos.