A vida que che espera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A vida que che espera é unha coprodución galega dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón en 2004.
Rodada entre Galicia e Cantabria entre abril e xuño de 2003, a estrea desta cinta tivo lugar o 30 de xaneiro de 2004. A produción corre a cargo de Continental Producciones, Televisión de Galicia e Tornasol Films.
Índice |
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
A historia de A vida que che espera desenvólvese nunha rexión do norte de España. Alí ten lugar unha pelexa motivada por unha vaca que acaba co desenlace do asasinato de Severo (Celso Bugallo) por parte dun gandeiro chamada Xildo (Juan Diego). Este ten dúas fillas: Xenia (Clara Lago) e Val (Marta Etura). Cando o fillo do malogrado Severo, Rai (Luis Tosar), chega á vila para o enterro, sentiráse atraído por Val, fillo do home que matou a seu pai.
Os mozos comezan a saír xuntos. Rai aproveita esta circunstancia para sacar beneficio e afondar en cómo se produciu a morte de Severo. Val, presionada por Xildo, tentará tamén descubrir ata qué punto está o seu mozo ó tanto de cómo se desenvolveu o crime e de quen o perpetrou. Malia isto, ambos acaban namorándose.
[editar] Intérpretes
- Alfonso Agra
- Rosa Álvarez
- Celso Bugallo
- Víctor Clavijo
- Juan Diego
- Marta Etura
- Clara Lago
- Manuel Millán
- Xosé Manuel Olveira "Pico"
- Santi Prego
- Gonzalo Rey Chao
- Luís Tosar
- Xosé Luís Bernal "Farruco"
[editar] Equipo técnico
- Dirección:
- Guión: Ángeles González Sinde, Manuel Gutiérrez Aragón
- Produción: Francisco Arnoso, Pancho Casal, Carmen de Miguel, Josean Gómez, Gerardo Herrero, Eva Garrido
- Música: Xavier Capellas
- Dirección de fotografía: Gonzalo F. Berridi
- Casting: Carlos Gras
- Dirección de arte: Félix Murcia
- Edición: José Salcedo
- Vestiario: Estíbaliz Markiegi
- Son: José Antonio Bermúdez, Manolo Laguna, Raúl Lasvignes, Mark A. Van Der Willigen
- Maquillaxe: Almudena Fonseca, Kenyar Padilla
- Script: Elena Gil