1285
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] África
- Comezo do reinado do usurpador Sakoura, un liberto, en Malí (até 1303). Restabelece a orde no país e estenderá as conquistas.
- Inicio do reinado de Yagbea-Syon, rei da Etiopía (até 1294), que sucede a Yekuno-Amlak.
- Aparición dunha dinastía de sultáns musulmáns etíopes, os Ualashma, en Ifat, arredor deste ano de 1285.
[editar] Asia
- Segunda expedición dos mongois de Kubilai Khan dirixida par Toghon contre o reino vietnamita de Champâ, no golfo de Tonkín, que é derrotada diante de Hanoi, retirándose asdispersas tropas para China. Un exército de socorro, ao mando de Sogatu é desfeito por forzas do reino de Annam.
[editar] Europa
- Segundo ataque mongol contra Hungría, liderado por Nogai Khan e Telubuga. Logo de atacaren Transilvania con éxito, as forzas invasoras son detidas nas proximidades de Pest.
- 28 de xullo - mar Mediterráneo: a frota catalana de Roger de Llúria derrota a dos franceses na Batalla das Formigas, que ten lugar perto das illas do mesmo nome.
- 4 de setembro - mar Mediterráneo: a frota catalana de Roger de Llúria derrota denovo a dos franceses no golfo de Rosas.
- 30 de setembro a 1 de outubro - La Jonquera: Tropas catalanas de Roger de Llúria e Ramón de Montcada derrotan as francesos na Batalla de Panissars, cerca do paso montañoso do mesmo nome.
[editar] Arte e cultura
- Maestá Ruccellai, de Cimabue.
[editar] Nacementos
- 6 de decembro - Fernando IV de Castela.
- William de Ockham, teólogo e filósofo inglés (m. 1349).
[editar] Mortes
- 5 de outubro - Perpiñán: Filipe III o Atrevido, rei de Franza, logo das campañas contra a Coroa de Aragón.
- 11 de novembro - Vilafranca del Penedès (Alt Penedès): Pedro II, o Grande, rei de Aragón e conde de Barcelona.