-340
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Calendario gregoriano | -340 ' |
Ab urbe condita | 413 |
Calendario armenio | N/A |
Calendario chinés | 2356 – 2357 |
Calendario hebreo | 3420 – 3421 |
Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
-285 – -284 N/A 2761 – 2762 |
Calendario persa | 962 BP – 961 BP |
Calendario musulmán | 992 BH – 991 BH |
Calendario rúnico | -90 |
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Asia Menor
- Rodas réndese ao persas.
[editar] Mundo mediterráneo
- Filipo II de Macedonia pon sitio a Bizancio, ameazando a ruta para o mar Negro, cuxas beiras fornecen boa parte do cereal que consumen as poles helenas.
- Fundación da Liga Helénica para facer fronte ás ameazas de Filipo II de Macedonia.
- Comeza a Guerra Latina (até -338) entre Roma e os seus aliados contra as tribos do Lacio.
- Batalla de Sinuesa: derrota dos latinos.
[editar] Ciencia e tecnoloxía
- Kin-Din-Nu, coñecido polos gregos como Cidenas, descubre a precesión dos equinocios (data probábel).
- Aristóteles, filósofo grego de orixe tracia, proba a redondez da Terra, pola súa sombra durante as eclipses. Neste mesmo ano abandona o seu papel de pedagogo do príncipe macedonio Alexandre o Grande.
[editar] Nacementos
- Ch'u Yuan, poeta chinés (data probábel).
- Apio Claudio, político romano.
- Chandragupta Maurya, primeiro soberano do imperio Maurya, na India (data aproximada).
[editar] Mortes
- Iseo, orador grego, oriundo de Chalcis (n. -420).