Xugo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
- Este artigo está escrito en galego de Asturias
Un xugo é unha peza feita de madeira, polo normal eran de madeira de freisno, resistente abondo, i podíase traballar ben. Levaba tallados dous arcos que valían pa xoncer as vacas ou os reses de tiro, un animal en cada arco. Entremedias de os dous arcos llevaba úa serie de salientes pa enganchar nellos úa peza feita de coiro retorcido, de forma de un "u" dobre , ou úa circunferencia dobrada pola metade, que se lle chamaba dopra. Esta quedaba axustada nos dous cornos que ten el xugo o a parte que quedaba pa baxo era pa meter a cazualla por ella. Mais tarde pasábase a chavilla de riba a baxo, quedando a parte de a dopra que colga, por detrás de aquela.
== Un xugo é un apeiro que permite xunxir bovídeos, e ás veces outros animais de tiro, a un vehículo ou outro instrumento que deba ser movido. Tradicionalmente foi feito de madeira, pero modernamente pódese ser elaborado a partir doutros materiais.
Índice |
[editar] Orixe do nome
O vocábulo galego xugo procede directamente do latín iugum, que a súa vez xurde da raíz indoeuropea *yak'om, de *yug- "unir". Os seus derivados atópanse en todas as línguas fillas, como no sanscrito yugá- "xugo", grego zygon "idem", antigo alto alemán juch e anglosaxón geoc (alemán actual joch, inglés actual yoke) "idem", antigo eslavo eclesiástico igo "idem", armenio luc "idem", hetita yugam "idem", galés iau "idem", etc[1]. O feito de que se atope tanto nas línguas indoeuropeas occidentais como nas orientais, mostra que se trata dun termo común e moi antigo, un verdadeiro fósil, que indicaría que era un instrumento coñecido polos pobos indoeuropeos antes da súa dispersión.
[editar] Tipos de xugos na Galiza
Na Galiza actual hai dous tipos de xugos, denominados xugo de cangas e xugo de molida. Denominacións máis xenéricas para ambos, e respectivamente, son xugo xugular e xugo cornal.
[editar] Xugo de cangas
O xugo de cangas, en esencia, engánchase ao animal polo pescozo, obrigándoo a que se esforce con a cerviz. Denomínase de cangas, porque soe ter dúas varas (cangas) laterais que atravesan o xugo e fican a cada lado do pescozo do animal. O simple nome canga substitúe, nalgunhas comarcas, á palabra xugo. Porén este xugo pode ter dous feitíos básicos, dos que aparecen outras variantes:
- A)O xugo pode ser un madeiro case recto ou presentar rebaixamentos curvados que se adaptan á cerviz do animal. Portén as cangas están substituídas por abrazadeiras curvadas de pau, coiro ou outros materiais.
- B) O xugo pode ser como o anterior, pero está provisto de varas que o atravesan e se axustan ao lateral do pescozo do animal. Esas varas son propiamente as cangas, pero reciben outros nomes: cancís, cangallas, cangalleiras, cangallos, brigueiros. Unha corda ou correa une entre si as cangas, pasando por debaixo do pescozo, recibindo nomes distintos: cádiga, ladrizo, brocha, apeares, pioga. Pode haber tamén unha corda ou outro material que une os extremos superiores das cangas cando sobresaen do xugo (tralla, pealla).
En nengún caso o xugo se suxeita aos cornos do animal. O extremo da cabezalla do carro ou o timón do arado vai engastado nunha especie de abrazadeira colocada no centro do xugo (loro, sobrexugo,timoeiro), que se pode suxeitar á chavella do cabezallo ou timón. O xugo pode levar unha serie de prominencias para atar mellor o timoeiro (camallóns).
[editar] Xugo de molida
O xugo de molida está deseñado para que o animal efectúe parte do esforzo con a testa ou fronte, para o cal, certas cordas ou correas son atadas aos cornos, de aí a designación alternativa de xugo cornal. A molida é unha peza de pel de animal, polo xeral, que evita o roce do xugo con a testa do bóvido; outros nomes frecuentes son molido e cubertas e cuberteiras.
Como no caso anterior, presenta variantes:
- Con arcos para acomodar mellor o xugo á cerviz do animal, ou sen eles. Esas partes cóncavas soen recibir o nome de camelas e camelos.
- Con a liña superior con prominencias para poder atar, ou sen elas. As partes salientes soen denominarse castelos, murnallas, camoscos; as partes rebaixadas mosas.
O Xugo únese á cabezalla do carro ou ao timón do arado por medio dunha chavella, á cal se ata unha correa que recibe nomes diversos segundo a comarca, aínda que o máis común é loro (luria, soga e sobeo, son outras designacións). O loro ata o extremo da cabezalla ou do timón a unha abrazadeira, que, como no xugo de cangas, recibe o nome corrente de timoeiro (pezoeira, trasga, son outras denominacións comarcais).
O loro pasa polas entalladuras do xugo (castelos e mosas) e polos cornos do animal.
[editar] Difusión dos tipos de xugos na Galiza
O xugo de cangas ocupa a Galiza occidental. O norte e occidente de Lugo, toda a provincia da Coruña e máis a de Pontevedra.
O xugo de molida está a oriente dunha liña que desde o sur do concello de Ribadeo, de xeito que a banda máis ao leste da provincia de Lugo en xeral usa este tipo de xugo. No sur ocupa a parte meridional da comarca de Lemos, para entrar na provincia de Ourense pola comarca da capital, onde coexisten ambos tipos de xugo. Desde aí a liña de delimitación de ambos dous tipos continúa até a Limia Baixa, para entrar en Portugal, na antiga rexión de Tras-os-Montes. Temos que a maior parte da provincia de Ourense usaba o xugo de molida.[2]
Dun xeito xeral, pódese dicer que na Galiza máis montañosa predominaba o xugo de molida ou cornal. Consecuentemente a Galiza exterior usa tamén xugos de molida, que achamos na Asturias de fala galega, nos Ancares leoneses, no Bierzo e A Cabreira e na Sanabria.
As razóns de tal partición son históricas. O xugo de cangas é máis antigo. O xugo de molida e máis recente e foi seguramente introducido na Idade Media.