See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xosé Neira Vilas - Wikipedia

Xosé Neira Vilas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xosé Neira Vilas (nado en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928) é un escritor galego.

Índice

[editar] Biografía

Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. En 1949 emigrou a Arxentina e entra en cotacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.

Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para vivir en Gres donde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan coa labor cultural e periodística.

Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades de A Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas e o Premio Trasalba (2004).

[editar] Características da narrativa

A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.

As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.

Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio, A muller de ferro e Querido Tomás.

Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar, Nai e Pan. O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contos Historias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.

Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, A marela Taravela, Contos vellos pra rapaces novos e Chegan forasteiros.

En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda.

[editar] Obra

[editar] Narrativa

  • Memorias dun neno labrego, 1961
  • Xente no rodicio, 1965
  • Camiño bretemoso, 1967
  • Historias de emigrantes, 1968
  • A muller de ferro, 1969
  • Cartas a Lelo, 1971
  • Remuíño de sombras, 1973
  • Lar, 1974
  • Aqueles anos do Moncho, 1977
  • Querido Tomás, 1980
  • Nai, 1980
  • Tempo novo, 1987
  • Espantallo amigo, 1987
  • Pan, 1987
  • De cando Suso foi carteiro, 1988
  • O home de pau, 1999
  • Chegan forasteiros, 1992
  • Contos de tres mundos, 1995
  • Relatos mariñeiros, 2003

[editar] Narrativa para nenos

  • Espantallo amigo, 1971
  • O cabaliño de buxo, 1971
  • A marela Taravela, 1973
  • Contos vellos pra rapaces novos, 1983

[editar] Poesía

  • Dende lonxe, 1960
  • Inquedo latexar, 1969
  • Poesía recadada, 1994
  • Dende Gres, 2004

[editar] Ensaio

  • Galegos no Golfo de México, 1980
  • Encrucilladas, 1981
  • Castelao en Cuba, 1983
  • A prensa galega en Cuba, 1985
  • Guerrilleiros, 1991
  • Na outra banda do mar, 1992
  • Charamuscas, 1993
  • Memoria da emigración, 1994
  • Eduardo Blanco-Amor, dende Buenos Aires, 1994
  • Memoria da emigración II, 1995
  • A lingua galega en Cuba, 1995
  • Galegos que loitaron pola independencia de Cuba, 1998
  • Crónicas galegas de América I. Rolda primeira, 2000
  • Manuel Murguía e os galegos da Habana, 2000
  • Crónicas galegas de América II. Rolda segunda, 2001
  • Crónicas galegas de América III. Rolda terceira, 2002
  • O sarillo do tempo, 2004
  • Xentes e camiños, 2005
  • Vinte anos retornando, 2006
  • Arredor do mundo, 2007

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -