Xoán II de Portugal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rei de Portugal, nado en Lisboa o 3 de maio de 1455 e morto en Alvor o 25 de outubro de 1495. Alcumado O Príncipe Perfeito. Fillo do rei Afonso V de Portugal e de Isabel de Coimbra. Recibiu unha coidada instrución civil e militar.
Subiu ao trono no ano 1481. Durante o seu reinado produciuse unha das etapas de maior desenvolvemento da exploración portuguesa. Foi un dos asinantes do Tratado de Tordesillas, o 7 de xuño de 1497 entre Castela e Portugal
Foi home de espíritu tolerante que acolleu no seu país aos xudeus expulsados de España. Casou con Leonor de Viseu e con Leonor de Lancaster.
O seu corpo descansa no Mosteiro de Santa Maria da Vitória, na Batalha. Morreu sen herdeiros lexítimos escollendo a Manuel de Viseu, Duque de Beja, o seu primo e cuñado, como sucesor.
Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso V |
Xoán II de Portugal | Precede a: Manuel I |
Dinastía de Avis ou Joanina |