Xirasol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xirasol | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Helianthus annus | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
Os Xirasois é tamén un cadro de Vincent van Gogh.
O xirasol (Helianthus annuus) é unha flor cunha cabeza tipicamente grande que roda para mirar o sol. Algunhas variedades desenvolvidas recentemente teñen cabezas decaídas. Estas variedades son menos atractivas para os xardineiros que crían as flores como ornamentos, mais atractivos para os granxeiros, porque poden reducir os danos producidos polos paxaros e as perdas por enfermidades vexetais.
As cabezas, que son na actualidade flores compostas, crecen habitualmente nun talo que pode ser de varios metros e que ten poucas follas. Os pétalos poden ser amarelos, marróns, laranxas e doutras cores.
O xirasol é nativo de América, e foi cultivado cara o 1000 a.C.. Desde aí, os españois exportárono a Europa ao principio do século XVI.
O xirasol contén até un 58% de aceite no seu froito ou aquenio. O aceite de xirasol utilízase para cociñar, aínda que non ten as características cardiosaludábeis do aceite de oliva. Tamén serve para producir biodiésel. As cascas e demais restos que quedan unha vez que se procesaron as sementes para o aceite, utilízanse nalgunhas ocasións como alimento para a gadaría.
As propias sementes véndense normalmente como aperitivo e como alimento para os páxaros.
[editar] Cultivo
A época de sementeira para o cultivo de sequeiro é a comprendida entre o 15 de xuño e o 20 de xullo. A sementeira débese realizar en filas separadas a 0,70 m, cunha densidade de sementeira de catro plantas por metro linear.
É un cultivo pouco exixente no tipo de solo, aínda que prefere os arxilo-areosos e ricos en materia orgánica, mais é esencial que o solo teña unha boa drenaxe e a capa freática se encontre a pouca profundidade.
A xerminación das sementes de xirasol depende da temperatura e da humidade do solo, sendo a temperatura media de 5ºC durante 24 horas.
A profundidade de sementeiras realízase en función da temperatura, humidade e tipo de solo.
- En zonas húmidas con primaveras cálidas con solos pesados e húmidos, a profundidade de sementeiras é de 5 a 6 cm.
- En zonas con primaveras secas con solos lixeiros e pouca humidade, a profundidade de sementeira é de 7 a 9 cm.
- Se o terreo é lixeiro e brando a profundidade da sementeira é maior, ao contrario do que ocorre se o solo é pesado
As plantas que proceden de sementeiras superficiais xermolan e florecen antes que as procedentes de sementeiras profundas.