See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xesús Alonso Montero - Wikipedia

Xesús Alonso Montero

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 28 de novembro de 1928) é un ensaísta, membro da RAG e do CCG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante.

[editar] Biografía

Pasou a súa infancia e adolescencia en Ventosela (Ribadavia), a terra dos seus pais. Pola súa idade, podemos dicir que pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural após a Guerra Civil Española.

Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, e en 1966 doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez. Foi militante do Partido Comunista desde 1962, represaliado en varias ocasións. Foi Catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid.

Destacou no campo da sociolingüística con libros como O porvir da lingua galega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969) ou o polémico e contestado Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte.

Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como os seguintes:

Mais tampouco son menos importantes as súas colaboracions noutros ámbitos da literatura galega, como poden ser a poesía popular e os poetas alófonos en galego. Tamén ten realizado estudos sobre autores da literatura española como poden ser Antonio Machado, García Lorca, Unamuno ou Valle-Inclán.

Alén disto, é destacábel as súas colaboracións na prensa galega, que foi recollida en parte na obra Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999). Debemos salientar tamén o seu papel como conferenciante, sobre todo en España e na América. Tamén ten libro de poemas: Versos satíricos ó xeito medieval ou Versos republicanos. Así mesmo, realizou compilacións poéticas de homenaxe a autores galegos: Coroa poética para Castelao (1988), Coroa poética para un mártir (1996), Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte (1999) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001).

Recibiu varios galardóns entre os que destacan: o premio Galicia de Xornalismo (anos 1986 e 1990), o premio Nacional de Xornalismo Julio Camba (1988), o premio Otero Pedrayo (1989) e o Premio Trasalba en 2000.

Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 1993, a proposta de Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares Mouriño e Ramón Piñeiro López. O seu discurso de ingreso titulouno "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962).

[editar] Obra

  • Cen anos de literatura galega (1964)
  • A batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954
  • As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994)
  • Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)
  • Curros Enríquez no franquismo (1936-1971)
  • Decálogo da lingua galega
  • Ensaios breves de literatura e política
  • Escritores: desterrados, namorados, desacougantes, desacougados...
  • Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado)
  • Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006)
  • Luís Pimentel: biografía da súa poesía
  • O que cómpre saber da lingua galega
  • Páxinas sobre Rosalía de Castro (1954-2004)
  • Pois era un barco pirata
  • Versos republicanos e outros versos políticos
  • Versos satíricos ó xeito medieval
  • A batalla de Montevideo. Os agravios linguísticos denunciados na UNESCO en 1954 (2003)
  • Intelectuais marxistas e comunistas en Galicia (2007)
  • Os escritores galegos ante a Guerra Civil Española (2007)

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -