Windsurf
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O seu principal precursor foi Robin Nasich, que impulsou a práctica deste deporte durante os anos 70.
Mentres que no surf o elemento máis importante son as ondas, no windsurf o vento xoga así mesmo un papel de vital importancia.
Este deporte presenta un gran número de variantes tales como piruetas, saltos ou velocidades. A grande aceptación e o elevado número de seguidores propiciou a creación de campeonatos e probas en todo tipo de países.
En España comeza a practicarse a principios dos anos 80.
Para practicar este deporte necesítase:
- Táboa
- Mástil
- Botavara
- Traxe de neopreno
- Pé do mastro
- Vela
- Arnés
É moi importante o bo estado físico para realizar este deporte, así como coñecementos técnicos e meteorolóxicos. Convén recibir algún cursillo antes de realizar as primeiras incursións.