See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
William S. Burroughs - Wikipedia

William S. Burroughs

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

William Seward Burroughs (Saint Louis, 5 de febreiro de 1914 - Kansas, 2 de agosto de 1997), foi un novelista, ensaísta e crítico social estadounidense.

Burroughs naceu nunha familia acomodada. O seu avó inventou unha máquina de sumar que serviría para fundar a Burroughs Adding Machines, empresa que aínda existe, se ben é máis coñecida como Burroughs. Xa desde pequeno descubriu as súas inclinacións homosexuais e a súa paixón polas armas de fogo, que lle acompañou toda a vida. Tras un periodo terriblemente autodestrutivo durante os anos 50, tras unha primeiriza incursión na literatura pulp (caso de Junkie), adicouse a partir dos 60 a escribir con bastante continuidade.

A súa obra ten unha importante carga autobiográfica, e nela plásmase a súa adicción a diversas sustancias, como a heroína. A experimentación, o surrealismo e a sátira constitúen, ademais, algúns dos elementos máis destacados das súas novelas.

As súas primeiras publicacións englobábanse dentro da Xeración Beat, o grupo de intelectuais e artistas estadounidenses que definiron e deron forma á cultura trala Segunda Guerra Mundial. Non en vano, Burroughs mantivo importantes contactos con escritores como Allen Ginsberg (do que se cre que foi amante), Gregory Corso, Jack Kerouac ou Herbert Huncke. Pero a influencia da súa literatura trascendeu amplamente este movemento, deixándose sentir posteriormente noutras manifestacións artísticas de tipo contracultural.

Ingresou na «American Academy and Institute of Arts and Letters» en 1984.

Índice

[editar] Literatura

A obra de Burroughs comezou sendo formalmente convencional, sen ben as temáticas non o eran. É o caso das obras primeirizas como Junkie ou Queer (Marica, que non foi publicada ata 1985).

Posteriormente entregouse á experimentación formal con maior ou menor éxito. Técnicas como o cut-up (que aprendeu do seu amigo Brion Gysin) consistente en collages narrativos ou un esforzo denodado por destruír as normas sintácticas e semánticas sen perder o sentido do relatado. Desta época proceden Nova Express, The Soft Machine ou Naked Lunch.

Está influenciado por autores como Jean Genet, Samuel Beckett, Henry Miller, Alfred Korzybski, Oswald Spengler, Brion Gysin ou Louis-Ferdinand Céline. Asimesmo, serviu de influencia a outros escritores como Kathy Acker, J. G. Ballard, Paul Di Filippo, Allen Ginsberg, Jack Kerouac, David Cronenberg, Steely Dan, Lydia Lunch, Genesis P-Orridge, Thomas Pynchon, Mark Leyner, Dennis Cooper, Will Self, William Gibson, Alan Moore ou Irvine Welsh.

[editar] Filosofía

Non se debe considerar esta experimentación como algo sen obxectivo. A peculiar filosofía de Burroughs, que en definitiva é a que deu trascendencia á súa obra, é case mesiánica.

Según Burroughs, o ser humano está alienado pola linguaxe. Considera que a linguaxe (e as normas gramaticais e sintácticas que a caracterizan) é un organismo parásito, un virus, que elexiu as nosas mentes como hábitat. A linguaxe (e máis aínda a razón) aplasta a nosa natureza real e crea un universo para nós no que existe o tempo, a morte e practicamente tódolos nosos males.

O problema complícase porque os seres humanos infectados non saben que o están. Segundo a súa propia analoxía, "o cárcere perfecto é aquel no que non sabes que estás dentro dun cárcere". Para Burroughs a linguaxe é un cárcere perfecto, porque parece incriblemente amplo e espacioso. Sen embargo, a linguaxe só permite chegar a onde as súas propias combinacións e secuencias permite, deixando máis alá o territorio real da mente humana, que é o espazo e non o tempo.

Para Burroughs, a auténtica revolución non é de índole social, senón mental. Desfacerse do virus linguaxe é o primeiro paso. A guerra contra este virus establece unha continuidade en gran parte da súa obra, onde os protagonistas (humanos, extraterrestres, seres inorgánicos, demos) están claramente dun ou doutro bando, e se enfrontan violentamente, sen regras de ningún tipo.

Os esforzos deste autor por trascender as reglas da linguaxe conseguen finalmente destruír esa tiranía inherente, de tal maneira que Burroughs consegue expresar imaxes e mundos como ninguén fixera antes. Embora, non se pode afirmar que conseguira este obxectivo desde o primeiro momento. As obras anteriormente mencionadas en ocasións rozan a ilexibilidade e exixen un esforzo considerable por parte do lector. Non é senón ata a súa madurez, ca triloxía formada por Cities of the Red Night, The Place of Dead Roads e The Western Lands, cando este autor consegue o equilibrio entre accesibilidade, experimentación e revolución.

Nestes tres libros, auténticas obras mestras, a destrucción da linguaxe lévase a cabo de maneira tan sutil que na práctica o lector non se decata de que en realidade o texto está violando tódalas regras da linguaxe, logrando ademais que o texto se transforme en imaxes de modo fluido. Como exemplo, esta cita de The Place of Dead Roads.

"-Saca unha foto diso, é puro Venus, amigo meu... É Urano, onde os uranianos sentan nas súas casas azuis de pizarra en frío silencio azul... Kim quería exploralos todos novos perigos novas armas, "mares perigosas en desolados países de fadas" ansiaba drogas praceres descoñecidos e unha distante estrela chamada FOGAR."

[editar] Obras

[editar] Novelas e outras obras longas de ficción

  • Junkie (1953, baixo o pseudónimo de Bill Lee)
  • Queer (escrita entre 1951-53; publicada en 1985)
  • Naked Lunch (1959)
  • The Soft Machine (1961)
  • The Ticket That Exploded (1962)
  • Dead Fingers Talk (1963) - partes de Naked Lunch, The Soft Machine e The Ticket That Exploded combinadas xuntas para crear unha nova narrativa
  • Nova Express (1964)
  • The Last Words of Dutch Schultz (1969)
  • The Wild Boys: A Book Of The Dead (1971)
  • Port of Saints (1973)
  • Cities of the Red Night (1981)
  • The Place of Dead Roads (1983)
  • The Western Lands (1987)
  • My Education: A Book of Dreams (1995)

O fillo de Burroughs's, William S. Burroughs, Jr., tamén escribiu dúas novelas: Speed e Kentucky Ham. Estes libros atribúense de cotío ó seu pai, de xeito equivocado.

[editar] Relatos e novellas

  • Valentine's Day Reading (1965)
  • Time (1965)
  • APO-33 (1966)
  • So Who Owns Death TV? (1967)
  • The Dead Star (1969)
  • Ali's Smile (1971)
  • Mayfair Academy Series More or Less (1973)
  • White Subway (1973)
  • Exterminator! (1973)
  • The Book of Breething (tamén coñecido como "Ah Pook Is Here") (1974)
  • Snack... (1975)
  • Cobble Stone Gardens (1976)
  • Blade Runner (a movie) (1979)
  • Dr. Benway (1979)
  • Die Alten Filme (The Old Movies) (1979)
  • Streets of Chance (1981)
  • Early Routines (1981)
  • Sinki's Sauna (1982)
  • Ruski (1984)
  • The Four Horsemen of the Apocalypse (1984)
  • The Cat Inside (1986)
  • The Whole Tamale (c.1987-88)
  • Interzone (1987)
  • Tornado Alley (1989)
  • Ghost of Chance (1991)
  • Seven Deadly Sins (1992)
  • Paper Cloud; Thick Pages (1992)

[editar] Non-ficción

  • The Job (1969) (con Daniel Odier)
  • Jack Kerouac (1970) (con Claude Pelieu)
  • The Electronic Revolution (1971)
  • The Retreat Diaries (1976)
  • Letters to Allen Ginsberg 1953-1957 (1976)
  • Last Words: The Final Journals of William S. Burroughs (2000)
  • Evil River (2007)

[editar] Colaboracións

  • And the Hippos Were Boiled in Their Tanks (1945 - non publicado) (Con Jack Kerouac)
  • Minutes To Go (1960) (Con Sinclair Beilles, Gregory Corso e Brion Gysin)
  • The Exterminator (1960) (con Brion Gysin)
  • The Yage Letters (1963) (con Allen Ginsberg)
  • Brion Gysin Let the Mice In (1973) (con Brion Gysin)
  • Sidetripping (1975) (con Charles Gatewood)
  • Colloque de Tangier (1976) (con Brion Gysin)
  • The Third Mind (1977) (con Brion Gysin)
  • Colloque de Tangier Vol. 2 (1979) (con Brion Gysin e Gérard-Georges Lemaire)
  • Apocalypse (1988) (con Keith Haring)

[editar] Filmografía sobre Burroughs e sobre a súa obra e pensamento

  • Junkies Christmas, de Nick Donkin e Francis Ford Coppola.
  • Go Go Second Time Virgin, de Koji Wakamatsu.
  • Four Films Tower Open Fire, de Antony Balch.
  • Querelle, de Fassbinder (narrador).
  • William Burroughs, de Jean-Francois Vallée.
  • Tokio Fist, de Shinya Tsukamoto.
  • Psychic TV Ghost at Number 9, de Antony Balch.
  • Visitor Q, de Takashi Miike.
  • Naked Lunch, de David Cronenberg
  • Drugstore Cowboy, de Gus Van Sant

[editar] Artigos interesantes sobre a súa obra e pensamento

[editar] Video


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -