Villard de Honnecourt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Villard de Honnecourt foi un mestre de obras do século XIII, célebre polo seu Carné, que contén numerosos croquis de arquitectura, o cal actualmente se conserva na Bibliothèque nationale de France.
[editar] A vida do pedreiro
Villard era orixinario da aldea de Honnecourt-sur-Escaut, sita preto Cambrai, Franza, . Como outros pedreiros do seu tempo aprendeu o oficio indo de vila en vila, e dunha obra para outra. Con o tempo chegaría a ser "magister latomus", é dicer, mestre de obras, profesión que incluía o oficio de arquitecto. Os artesáns da época viaxaban de abondo, e mercé ao seu Carné, coñecemos algunhas das etapas do seu periplo: Laon, Chartres et Lausana, e aínda Hungría.
[editar] O Carnet
Con unhas dimensions de 14x22 centímetros, o Carné de Villard de Honnecourt compuñase en principio dun centenar de páxinas, das que subsisten algo máis de sesenta. Contén numerosos croquis, de grande precisión, acompañados de anotacións. Áchanse:
- debuxos naturalistas
- representacións de personaxes : alegorías, escenas relixiosas e civís
- croquis de arquitectura e estudos xeométricos
- máquinas : máquinas bélicas ou de construción, e aínda esbozos de máquinas de movemento perpetuo