See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Vichelocrego - Wikipedia

Vichelocrego

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vichelocrego
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cordados
Subfilo: Vertebrados
Clase: Aves
Orde: Paseriformes
Familia: Oriólidas
Xénero: Oriolus
Nome científico
Oriolus oriolus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O vichelocrego (ou oureol, ou ouriolo) (Oriolus oriolus) é o único membro da familia dos oureois que vive nas zonas tépedas do hemisferio norte. Especie migratoria, vese en verán en Europa e nas rexións occidentais de Asia, mentres que o inverno o bota nos Trópicos.

Habita en árbores grandes de folla caduca en bosques, soutos, carballeiras e parques, a miúdo nas ribeiras dos ríos. Fai un niño moi limpiño e estábel durante anos na gallada das pólas, adoito en amieiros, e contén entre tres e seis ovos. A femia do vichelocrego comeza tarde a facer no niño e a incubación dura uns quince días.

A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas, de aí que nalgunhas partes se lle chame galo cereixeiro. En tamaño é coma o merlo, ou incluso lixeiramente maior (24 cm e 72 g de media).

O macho ten un corido moi particular que o fai inconfundíbel con calquera outra ave ou paxaro galego. Ten o corpo dun amarelo brillante e as ás e parte da cauda negra. A femia, pola contra, é verde e gris, e resulta moi discreta nos nosos bosques. Os vichelocregos son tímidos e espantadizos de xeito que é moi complexo albiscalos malia a dourada plumaxe dos machos.

O seu nome procede do canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego. Unha das variantes en galego, tamén moi extendida, é oureol, que fai referencia á cor dourada dos machos.

No voo imita os tordos, cun trazado moi directo e veloz, sen apenas oscilacións en distancias medias.

[editar] O vichelocrego na cultura popular

O vichelocrego aparece mencionado nunha setenza de Confucio, que di:

No Clásico da Poesía lese que "O vichelocrego pousa no ladiño do outeiro". E dixo o Mestre: "Pousa, e ben sabe onde. E por que non ha facer o home como ese paxariño?" (Lunyu, 3,2)

[editar] Outros nomes galegos

Téñense rexistrado en distintas fontes moitos nomes galegos para esta mesma ave, algúns populares e outros máis literarios.

  • aropendra, maripéndola, milpéndola, milpéndora, milpréndega, milpréndiga, ouripenlo
  • aureol, oriolo, oureal, oureol, ouriol
  • avión (en Xunqueira de Ambía)
  • bagullo
  • barazán (o nome procede do feito de facer o niño con anacos de corda, trapos, etc., é dicir, con barazas)
  • bicho do crego, crego, crego amarelo, pica crega
  • cereixeiro (porque disque gusta moito das cereixas e dos figos, de aí tamén o nome de papafigos)
  • domingo lirón
  • gaimarelo, gaio real, gaio bravo, gaio cereixeiro, gaio de braña, papagaio
  • lapafigos, papafigo, papafigos, figomarelo
  • manga amarela / marela
  • mariarrosa, maría-viou (din os rapaces: Maria Viou, ¿teu pai mellorou?, e a ave responde: Mellorou, mellorou)
  • mareleiro
  • merlo gaiolo, merlo marelo, merlo rei
  • millán garrido, millarou, milleiro, vilau garrido
  • mingulirón
  • nicolao
  • oubión
  • pedro-pequeno
  • pitioghó (citado por Pérez Patiño)
  • reboleirón, regoleirón
  • riádigo, viádigo
  • rodrigo, rodrigo liro, ringuileirón, rodrigavión, rogavión, figorrodrigo
  • tiroliro


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -