Vómer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O vómer é un óso da cara, de forma laminar, cuadrilátera compacta, impar e central. Situado na parte posterior das fosas nasais, cuxo tabique constitúe. Articúlase co óso esfenoide e o etmoide por arriba, e cos palatinos e maxilar superior por abaixo. É un dos compoñentes do tabique nasal, que divide o nariz en fosas nasais esquerda e dereita.