Urodelos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os urodelos son un grupo duns 500 anfibios que se se caracterizan por teren as catro patas iguais e colas longas. Teñen a pel húmida e habitan perto da auga ou baixo algún tipo de protección en solos húmidos, normalmente no bosque. Algunhas especies son permanentemente acuáticas, outras pasan certo tempo na auga e outras son completamente terrestres cando adultos. Os urodelos carecen de escamas e poden rexenerar membros perdidos.