Unicode
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unicode é unha norma informática internacional de codificación de carácteres desenvolvido por Unicode Consortium, actualmente represéntase con tres tipos de codificación, UTF-8, UTF-16 e UTF-32) segundo o número de bits necesarios para identificar cada carácter.
Unicode asigna un número (e un nome) a cada carácter de xeito independente ao programa, plataforma ou lingua.
Unicode cobre case todas as escritas en uso actualmente, ademais das escritas históricas xa extintas e símbolos en especial os matemáticos e os musicais.
A primeira versión (1991), baseada na codificación de 16 bit tiña capacidade para codificar 65.536 caracteres, mentres que a última, Unicode 4.1, aproxímase ao millón.
[editar] Ligazóns externas
Unicode Consortium (en inglés)
- DecodeUnicode - Unicode WIKI, 50.000 gifs