Tudhaliyas III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tudhaliyas III foi un rei de curta duración do Imperio hitita (Reino Novo); pode ser que fose o fillo e sucesor de Hattusilis II, con todo considérase normalmente como fillo de Tudhaliyas II (de acordo co cómputo dos reis que facemos aquí). Nunca foi coñecido explicitamente como rei. Os textos refírense a el como "Tudhaliyas o neno" (ou, cunha tradución alternativa, "Tudhaliyas o (máis) novo". Foi asasinado por un grupo de oficiais entre os que estaba o seu sucesor, e moi probabelmente irmán, Suppiluliumas I.
Hai certa dificultade no cómputo do número de Tudhaliyas (e Hattusilis) do imperio hitita. Normalmente non se inclúe este Tudhaliyas nas listas reais hititas, e ao seu pai a miúdo habémolo ver listado como Tudhaliyas III.
[editar] Ligazóns externas
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Hattusilis II |
Tudhaliyas III
(?-?)
|
Precede a: Suppiluliumas I |