See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tortoise - Wikipedia

Tortoise

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Tortoise

{{{caption}}}
Información
Orixe Chicago
País Illinois
Período 1990-
Xénero(s) post-rock
Selo(s) discográfico(s) Thrill Jockey
Membros Dan Bitney, Doug McCombs, Jeff Parker, John Herndon, John McEntire
Antigos membros Bundy K. Brown, David Pajo
Web oficial páxina oficial


Tortoise é unha banda de post-rock formada en Chicago, Illinois, EE.UU. en 1990.

A finais dos anos 80 xorde o proxecto por parte de Doug McCombs e John Herndon, que crearon unha sección rítmica freelance (autónoma, no sentido laboral do termo), como os músicos de reggae Sly and Robbie]. Esa idea nunca viu a luz, pero o seu interese en ritmos con groove e en trucos de estudio levounos a unirse con John McEntire e Bundy K. Brown, procedentes da formación de Bastro, e posteriormente con Dan Bitney. McEntire axiña se converteu no líder da banda cara os medios de comunicación, se ben a única diferencia era que el era o enxeñeiro de gravación e o realizador das mezclas.

O seu primeiro sinxelo editouse en 1993, e en 1994 editaron o primeiro álbum. Basicamente instrumental e cheo de medios tempos, Tortoise lentamente gañou recoñecemento e atención, debido en parte á inusual instrumentación (dous baixos, tres percusionistas con baterías, vibráfonos e marimbas). Un disco de remezclas foi editado despois, Rhythms, Resolutions and Clusters. Brown deixou a banda e foi reemplazado por David Pajo (anteriormente en Slint), que principalmente tocaba o baixo, pero aportou a primeira guitarra á banda, no disco de 1996 Millions Now Living Will Never Die, un cambio tanto en atención como en calidade. O álbum mezclaba moitos xéneros, pero ainda así nunca soa como un pastiche. Millions Now Living Will Never Die apreceu en moitas listas de finais de ano e os 20 minutos de "Djed" foron descritos polo crítico John Bush como proba de que "Tortoise fan desempeñar ó rock experimental unha dobre tarefa: ser música evocativa e bela".

En 1998 editaron TNT, posiblemente o seu mellor álbum, de ton jazzístico. Pajo foi reemplazado por Jeff Parker, que tiña unha amplia bagaxe de música jazz. No 2001 editouse Standards, onde a banda incorporou máis electrónica e post-produción á súa música. No 2004 publicouse It's All Around You, e no 2006 colaboraron con Bonnie 'Prince' Billy nun álbum de versións titulado The Brave and the Bold e lanzaron A Lazarus Taxon, unha caixa cun doble CD de sinxelos e remezclas, un terceiro CD cun expandido Rhythms, Resolutions and Clusters (fóra do mercado) e un DVD de vídeos e actuacións en directo.

O rock case enteiramente instrumental de Tortoise desafía a fácil categorización do son da banda, e o grupo gañou unha significativa atención desde o principio da súa carreira. Os membros teñen raíces na fértil escena musical de Chicago, con aparicións en variadas bandas indies e punks. Tortoise está entre as primeiras bandas norteamericanas en incorporar estilos cercanos ó krautrock, o dub, o minimalismo, a electrónica e varios estilos do jazz, máis que a clásica banda standard de rock and roll e punk que dominou a escena durante anos. Tortoise foi citada como unha das principais forzas detrás do desarrollo e a crecente popularidade do chamado movemento post-rock. Porén, a súa música tamén foi criticada como mera derivación do rock progresivo, arguíndo que Tortoise foi obxecto dun indesexable hype para explicar que sexa unha banda tan recente con tanto éxito.

Outros grupos relacionados co son de Tortoise son The Sea and Cake, Brokeback, Shrimp Boat, Slint, Isotope 217 ou os Chicago Underground Duo. Os discos de Tortoise son editados no selo Thrill Jockey.

Índice

[editar] Membros

[editar] Actuais

[editar] Anteriores

  • Bundy K. Brown – (ata 1995) baixo
  • David Pajo – (ata 1998) guitarra

[editar] Discografía

  • Tortoise (álbum, 1994)
  • Rhythms, Resolutions, and Clusters (álbum de remezclas, 1995)
  • Millions Now Living Will Never Die (álbum, 1996)
  • TNT (álbum, 1998)
  • In the Fishtank (colaboración con The Ex; EP, 1999)
  • Standards (álbum, 2001)
  • It's All Around You (álbum, 2004)
  • The Brave and the Bold (colaboración con Bonnie 'Prince' Billy; álbum de versións, 2006)
  • A Lazarus Taxon (compilación de rarezas, 2006)

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -