Til
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O til (~) ou til de nasalidade (do latín titulus, "título" ou "sobrescrito"), é un sinal diacrítico que serve para nasalar as vogais. En portugués, utilízase sobre o a (ex: melão) e o o (ex: melões) e moi raramente no portugués arcaico sobre outras vogais tamén, por exemplo as palabras popũkare, (ou sexa ruim) e , palabra esta última que aínda xorde nalgúns dicionarios modernos.
Historicamente, o til era unha abreviatura da letra n, escrita por cima da liña como sinal de nasalización. A referencia máis antiga á definición do til é do século XVI na Gramática de João de Barros.
O til utilízase tamén nos seguintes idiomas:
- grego clásico: sinal diacrítico da ortografía politónica idéntico ao til (βῆτα).
- bretón, castelán, basco e galego: para formar a letra ñ (n palatal, que en polaco se marca sobre o n cun acento grave).
- estoniano: para identificar un son vocálico claro (mõdu).
- bretón.
- vietnamita: sobre vogais decrecentes (ngã).
Non se debe confundir o acento gráfico co til, xa que o acento representa a sílaba tónica nunha palabra, ou sexa, a sílaba que se pronuncia con máis forza, e o til indica outro aspecto sonoro a maiores.