Teudiselo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teudiselo (¿-? - 549), rei visigodo de Hispania (548-549). Tamén se lle coñece como Teudixiselo ou Teudisclo.
Antigo duque e xeneral de orixe ostrogodo baixo o mando do seu predecesor Teudis. Forzou aos invasores francos a retirarse da Península Ibérica na invasión de 541 (dirixida por Childeberto I e Clotario I), cortándolles o paso no camiño de Valcarlos. Tras matar a un bo número deles, aceptou un suborno dos restantes para tras a derrota poder regresar á súa terra.
Morreu asasinado en Sevilla, durante un banquete con hispanorromanos, un ano logo de acceder ao poder. O seu asasinato segundo algunhas versións parece ser obra de varios maridos ultraxados, con cuxas esposas o rei mantivera relacións. Outras manifestan que, aproveitando a súa ebriedade, foi probablemente asasinado por unha conxura de nobres visigodos nacionalistas dirixidos por Axila I e desexosos de gobernarse por se mesmos e non por ostrogodos.
Predecesor: Teudis |
Rei dos visigodos 548-549 |
Sucesor: Axila I |