Terceira Internacional
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Terceira Internacional, coñecida normalmente só por Internacional Comunista, como tamén pola súa abreviatura en ruso Komintern (Коминтерн, abreviatura de Коммунистический Интернационал, "Internacional Comunista") ou Comintern (abreviatura do inglés: Communist International) foi unha organización comunista internacional, fundada por iniciativa do Partido Comunista de Rusia (Bolxevique) en marzo de 1919 que agrupaba ós Partidos Comunistas do mundo co obxetivo de loitar pola superación do capitalismo, o establecemento da Ditadura do Proletariado e da República Internacional dos Soviets, a completa abolición das clases e a realización do socialismo, como primeiro paso cara a sociedade comunista, como aparecía nos seus primeiros estatutos.