Taibei - 台北市
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Taibei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwan (República de China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2.685.357h. 2001).
Situada no extremo norte da illa de Taiwan (antiga Formosa), a beira do río Tanshui perto da súa desembocadura no Mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708. Comezóu a adquirir importancia en 1885, cando foi elexida coma capital da provincia de Taiwan sustituíndo a Tainan, e sobor de todo en 1949 cando convirtíuse na capital do goberno nacionalista chinés de Chan-Kai-Chek refuxiado na illa trala toma do poder no continente polos comunistas de Mao-Tse-Tung.