See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Stéphane Mallarmé - Wikipedia

Stéphane Mallarmé

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Stéphane Mallarmé fotografado por Nadar en 1896
Stéphane Mallarmé fotografado por Nadar en 1896

Stéphane Mallarmé (nado o 18 de marzo de 1842 en París como Étienne Mallarmé; morto o 9 de setembro de 1898 en Valvin, Vulaines-sur-Seine, preto de Fontainebleau), foi un escritor francés. Os seus poemas considéranse as obras mestras do simbolismo. É considerado, xunto con Rimbaud e Baudelaire coma un dos máis importantes precursores da lírica moderna.

[editar] Vida

Mallarmé foi o primeiro fillo dunha familia de funcionarios de Sens. Despois da morte de sua nai en 1847 foi criado polos avós. Dende 1850 viviu nun internado, de onde foi expulsado por mal comportamento. No ano 1856 entrou nunha escola internado en Sens. En 1857 morreu a súa irmá máis nova. Entre 1858-1860 escribe as súas primeiras obras (64 poemas co título Entre quatre murs, (Entre catro paredes). Pouco despois de pasar as exames de Bacharelato coñeceu ós poetas Emmanuel des Essarts, Jean Lahor e Eugène Lefébure. Nese anos entra en contacto por primeira vez co libro de Charles Baudelaire Fleurs du mal(Flores do mal) e publica os seus primeiros artigos de crítica literaria en diversas revistas, e, máis tarde, empeza a publicar os seus propios poemas. Coñece á institutriz alemá Marie Gebhard Kennen, coa que casou en 1863 en Inglaterra, antes de comenzar o seu traballo como profesor de inglés en Tournon-sur-Rhône antrat (de feito o seu traballo ata 1893, ano no que se xubilou). En 1863 naceu a súa filla Geneviève. Entre os amigos e coñecidos da época figuran os escritores félibres Théodore Aubanel, Joseph Roumanille e Frédéric Mistral, que escriben en provenzal así como Catulle Mendès e Mathias Villiers de l'Isle-Adam.

Durante una crise personal e literaria comezou o "proxecto da súa vida": Hérodiade, no que, o material de orixe, o relato bíblico de Salomé, é reelaborado como tematización de procura da pureza e a beleza do verso. O seu poema longo (110 versos alexandrinos) L'après-midi d'un faune (A siesta dun fauno) foi redactado en 1865 coa esperanza de ser escenificado no Teatro Francés de París, do que foi, porén, rexeitado. En 1866 publicou por primeira vez dez poemas na revista Le Parnasse Comtemporain, o principal órgano do círculo dos parnasianos que tiña como centro a Théophile Gautier. Mallarmé compartía na época os postulados literarios do grupo, no que se incluían tamén poetas como Leconte de Lisle e o cubano-francés José-Maria de Heredia. Nesta época o poeta cambia varias veces de residencia: en 1866 mudouse a Besançon, desde onde iniciou una correspondencia con Paul Verlaine, en 1867, a Avignon, onde empezou a dar a coñecer os seus poemas en prosa.

En xullo de 1871 naceu en Sens o seu fillo Anatole. Pouco despois Mallarmé consegue o seu desexo de ser trasladado a París. Nesa época traballou na tradución de poemas de Edgar Allan Poe. O ano 1872 coñeceu ó xoven poeta Arthur Rimbaud. A partir de 1873 as súas relacións co grupo dos impresionistas, favorecidas pola súa amizade co pintor Édouard Manet, fixéronse máis estreitas. Foi tamén Manet quen lle presentou a Émile Zola. En 1874 publicou sen éxito algúns números da revista La dernière Mode, da que era o único redactor. Despois de ser rexeitado por diversos editores, publícase por fin en 1876 "L'après-midi d'un faune" con ilustracións de Manet. A partires de 1877 Mallarmé organiza os seus lendarios "Mardis" (encontros dos martes) nos que ó longo dos anos tomaron parte poetas como Émile Verhaeren, Maurice Maeterlinck, Oscar Wilde, Joris-Karl Huysmans, Paul Valéry, André Gide, W. B. Yeats, Rainer Maria Rilke ou Stefan George, que eran recibidos na residencia de Mallarmé da Rue de Rome. En 1878 coñece a Victor Hugo.

No ano 1879 morre, aínda neno, o seu fillo Anatole. En 1883, grazas á edición por Verlaine de "Poetes maudits" (Poetas malditos) o traballo de Mallarme alcanza unha meirande difusión. Entre 1884 e 1889 o poeta mantén unha relación amorosa con Méry Laurent. En 1886 dá a coñecer o seu primeiro poema sen signos de puntuación, M'introduire dans ton histoire, e é escollido, despois da morte de Verlaine, Príncipe dos Poetas. Xa xubilado múdase en 1894 a Valvin, onde traballou en diversos proxectos literarios e teóricos ata a súa morte en 1898. Foi enterrado no cemiterio de Samoreau (Hauts-de-Seine).

[editar] Características e importancia

Retrato de Stéphane Mallarmé pintado por Édouard Manet
Retrato de Stéphane Mallarmé pintado por Édouard Manet

Da lectura de Hegel extraeu Mallarmé a idea de que, "morto o Ceo" a nada debe ser o punto de partida da Beleza e do Ideal. Partindo da idea da "Arte pola arte" do grupo ó redor de Gautier, viu na lingua poética da poesía pura a única posibilidade de chegar ás Ideas puras. Rexeitou a representación da lírica realista, considerando a suxestión como base da nova poesía.

O seu concepto de literatura é moi próximo ó dos impresionistas no campo das artes plásticas. Debido á importancia da linguaxe "suxestiva" na obra de Mallarmé, foi considerado "o máis simbolista dos simbolistas". A súa influencia renovadora na lírica francesa continúa a se facer sentir aínda hoxe. As súas dúbidas sobre a función da lingua serviron para abrir camiños á lírica moderna. Moitas das súas ideas foron retomadas por representantes do dadaísmo, o surrealismo, o futurismo ou o descontrutivismo (coma, por exemplo Jacques Derrida).

A causa da escuridade (moitas veces deliberada) do estilo e das sutís relacións entre escritura, son e significado, os seus poemas adoitan considerarse como dificilmente traducibles. Lendo os seus poemas en voz alta, descóbrense asociacións e significados que non se poden apreciar coa simple lectura. Por exemplo, as palabras "ses purs ongles" ("as súas unllas puras") ó ser pronunciadas soan tamén coma "c’est pur son" ("é puro son").

A calidade sonora e musical da linguaxe de Mallarmé, incitou a diversos compositores a poñer música ós seus versos. Unha das obras mestras do impresionismo musical é Prélude à l’après-midi d’un faune para orquestra (1894) de Claude Debussy, baseada no poema do mesmo título de Mallarmé, composición que entusiasmou ó propio poeta e que foi tomada como base para o ballet L’Après-midi d’un faune coregrafiada en 1912 por Wazlaw Fomitsch Nischinski para o Ballet Ruso. Claude Debussy, Maurice Ravel, Darius Milhaud, Pierre Boulez e outros compositores musicaron poemas de Mallarmé para ser interpretados como Lieder. Hai tamén unha aproximación musical de Michael Denhoff ó poema Un coup de dés jamais n'aboulira l'hasard e ó fragmento Igitur.

[editar] Obras

  • Préface au Vathek de William Beckford (1876)
  • Petite philologie, les mots anglais (1878)
  • Hérodiade (Scène de Hérodiade publicada en 1896)
  • L'après-midi d'un faune ("A siesta dun fauno") (1865, versión definitiva 1887)
  • Les mots anglais (1878)
  • Les dieux antiques ("Os deuses antigos") (1879)
  • Prosa (1880)
  • Album de vers et de prose (1887)
  • Traducións de poemas de Edgar Allan Poe (1888)
  • Pages ("Páxinas") (1891)
  • La musique et les lettres ("A música e as letras") (1891)
  • Oxford, Cambridge, la musique et les lettres (1895)
  • Le Tombeau de Charles Baudelaire (1895)
  • Divagations ("Divagacións") (1897)
  • Tombeau (de Verlaine) (1897)
  • Un coup de dés jamais n'abolira le hasard ("Unha tirada de dados nunca abolirá o azar") (1897)

Escribiu abundantes artigos de teoría literaria. Postumamente publicaronse, entre outros, Poésies (1899), Pour un tombeau d'Anatole (1962) e Cartas (1959-1971).


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -