Sputnik 2
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sputnik 2 | |
Organización: | Unión Soviética |
Contratistas maioritarios: | Departamento de Deseño Korolev |
Tipo de misión: | Ciencias da Terra |
Satélite de: | A Terra |
Lanzamento: | 3 de novembro de 1957 02:30h UTC |
Vehículo de lanzamento: | R-7/SS-6 ICBM |
Descenso: | 14 de abril de 1958 |
Duración da misión: | 162 días |
Masa: | 508,3 kg. |
NSSDC ID: | 1957-002A |
Páxina web: | NASA NSSDC Master Catalog |
Elementos orbitais | |
Eixo Semimaior: | 7.314,2 km |
Excentricidade: | 0,098921 |
Inclinación: | 65,33º |
Período orbital: | 103,7 minutos |
Apoxeo: | 1.660 km |
Perixeo: | 212 km |
Órbitas: | ~2.000 |
Instrumentos | |
Cadela Laika: | Datos biolóxicos |
Contador Geiger: | Partículas cargadas |
Espectrómetro: | Radiación solar (emisións ultravioleta e raios x) e raios cósmicos |
O Sputnik 2 foi a segunda nave espacial posta en órbita ó redor da Terra, ás 19:12h do 3 de novembro de 1957, sendo a primera nave espacial que transportou material biolóxico. Era unha cápsula cónica de 4 metros de alto cunha base de 2 metros de diámetro. Contiña varios compartimentos destinados a aloxar transmisores de radio, un sistema de telemetría, unha unidade programábel, un sistema de control de rexeneración e temperatura en cabina e instrumental científico. Nunha cabina selada e separada do resto viaxaba a cadela Laika.
Os datos biolóxicos e de enxeñería transmitíanse mediante o sistema telemétrico Tral_D, que podía enviar datos á Terra durante 15 minutos por cada órbita. A bordo había dous espectrómetros destinados a medila radiación solar (emisións ultravioleta, raios X) e rayos cósmicos. O Sputnik 2 non levaba cámara de televisión.
[editar] Perfil da misión
O Sputnik 2, mediante un R-7 ICMB practicamente similar ó empregado para o Sputnik 1, foi posto nunha órbita a 212 x 1660 km cun período de 103,7 minutos. Tras acadar a súa órbita, o nariz do cono foi expulsado, pero o núcleo do bloque A non se separou como estaba previsto. Isto inhibiu o funcionamento do sistema de control de temperatura. Ademais, algunhas das placas termoillantes se desprenderon, co que a temperatura interior alcanzou os 40ºC. Crese que Laika só sobreviviu unhas poucas horas, en troques dos dez días previstos inicialmente, a causa da calor. A órbita do Sputnik 2 decaeu e reingresou á atmosfera o 14 de abril de 1958, tras 162 días en órbita.
Programa Sputnik | |
---|---|
Sputnik 1 | Sputnik 2 | Sputnik 3 | Sputnik 4 | Sputnik 5 |