Spanair
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Spanair S.A. é unha aeroliña española, baseada en Palma de Mallorca, que é subsidiária de Scandinavian Airlines. Opera vóos de pasaxeiros entre España e Europa, extendendo as súas operacións ao oeste de África. Realiza tamén vóos charter a todo o mundo para compañías de viaxes. A súa base principal está no aeroporto de Son Sant Joan, con centros de conexión no aeroporto madrileño de Barajas, e en El Prat de Barcelona. É membro da alianza de aeroliñas Star Alliance.
[editar] Historia
Spanair fundouse en decembro de 1986 e comezou as súas operacións en marzo de 1988. Foi creada como unha empresa conxunta entre SAS e Viajes Marsans e os seus primeiros servizos foron vóos chartes europeos. Os vóos de longo percorrido aos Estados Unidos, Mexico e a República Dominicana comezaron en 1991, seguidos por vóos domesticos en marzo de 1994. A aeroliña fixo tamén vóos de longo percorrido, co avión Boeing 767-300, a Washington D.C. e Bos Aires a finais dos 90. Spanair uníuse á Star Alliance en 2003. Actualmente os donos da compañía son o SAS Group (94,9%) e o Grupo Marsans (5,1%). Ten 2.535 empregados.
[editar] Frota
Avión | Total | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|
Airbus A320-232 | 16 | 156 - 180 | |
Airbus A321-231 | 5 | 212 | |
McDonnell Douglas MD-82 | 10 | 120 - 170 | |
McDonnell Douglas MD-83 | 17 | ||
McDonnell Douglas MD-87 | 9 |