Sidonio Apolinar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sidonio Apolinar (Gaius Sollius Modestus Sidonius Apollinaris, en latín) (ca 430 - despois do 489), poeta, diplomático, bispo galo-romano.
Aristócrata galo-romano, casou con Papianilla, filla de Avito, quen máis tarde se converteu no emperador romano. Foi Prefecto de Roma en 470 e, unha vez rematada a súa carreira no servizo imperial, fíxose cargo do bispado de Clermont na Auverña ata a súa morte, a súa elección debeuse máis, probablemente, aos seus contactos e aos seus esforzos por conservar esa parte da Galia como parte do Imperio Romano que á súa relixiosidade.
As cartas de Sidonio son unha importante fonte de información para os sucesos e actitudes do século V.