Serxio II, papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Papas do século IX |
|
---|---|
|
|
Antipapas |
|
|
|
|
Serxio II (Roma, (¿?) - 27 de xaneiro de 847). Papa da Igrexa católica de 844 a 847. Pertencente a unha familia da aristocracia romana, o cardeal presbítero da igrexa dos santos Martiño e Silvestre, foi elixido papa co apoio da nobreza mentres que por aclamación popular era tamén elixido o arquidiácono Xoán que pasará a historia como un novo antipapa. A facción que apoiaba a Xoán foi derrotada e o antipapa condenado a morte, pena que sería conmutada por Serxio e substituída pola de exilio.