Sabaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sabaria foi un territorio semiautónomo, entre os Reinos Suevo e Visigodo, nos séculos IV e VI que ocuparía a zona que vai de Benavente a Salamanca e de Sayago a Simancas.
A devandita autonomía reflectiríase na acuñación de moeda propia, pero isto parece ser unha confusión coa ceca visigoda de Senimure-Semure, a Zamora actual[1].
As referencias históricas son escasas, pero cabe destacar a nómina de bispos asistentes ao Concilio de Braga en 408, na que constan os bispos de Asturica Augusta, Legio, Salmántica e Sabaria.
No ano 572, o rei suevo Miro ataca a sappos e runcones, nun movemento previo ao ataque contra os visigodos.
O ano 573, Leovixildo procede contra os sappos de Sabaria[2] e conquista a zona, como paso previo á conquista do Reino Suevo.
No ano 576 Leovixildo arrasa a zona (destrución de Sabaria, demolición das fortificaciones de Zamora,...) como medida preventiva ante a definitiva conquista do Reino Suevo, aínda que diversos problemas internos aprazan esa intervención ata o ano 585.
A localización do territorio relacionouse con:
- a mansio Sibarim na vía XXIV do Itinerario de Antonino, entre Helmántica e Ocelo Durii, que adoita identificarse con Torre de Sabre (Zamora).
- a zona de Tras-os-Montes e Zamora, ao redor do río Sabor[3], afluente da dereita do río Douro .
En canto aos seus habitantes, fanse descender de:
- os vacceos.
- a tribo astur cismontana dos sappos.
- a tribo astur cismontana dos superati, localizados na zona norte da provincia de Zamora.
[editar] Notas
- ↑ "Senimure y Ocelodurum", El Miliario Extravagante, 44, Set. del 93, pp. 10- 13. Luciano Pérez Vilatela.
- ↑ Crónica de Juan de Bíclaro."ANNO VII IVSTINI IMP. QVI EST LIVVIGILDI V ANNVS [573] (...) Liuuigildus rex Sabariam ingressus Sappos vastat et provinciam ipsam in suam redigit dicionem (...)".
- ↑ Guimaraes, nº 104 de 1994, pp. 83-107. Jorge L. Quiroga, Monica R. Lovelle.