Robin Huw Bowen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robin Huw Bowen é un músico que toca a tripla arpa galesa, coñecida en galés como Telyn Deires, e está recoñecido internacionalmente como o principal exponente en canto a tocar este instrumento.
Nado na comunidade galesa de Liverpool, Inglaterra nunha familia orixinaria de Anglesey, Robin aprendeu a Harpa celta simple durante a súa etapa escolar, inspirado polo artista bretón Alan Stivell. En 1979 recibiu o título de graduado en Lingua e Literatura Galesas pola Universidade de Gales.