Robert Angus Smith
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robert Angus Smith (15 de febreiro de 1817 – 12 de maio de 1884) foi un químico escocés.
En 1852 identificou a correlación entre a choiva ácida e a contaminación atmosférica. A expresión choiva ácida foi por el empregada en 1872. El observou que esa choiva ácida podía levar á destrución da natureza. Aínda que a choiva ácida xa se descubriu no 1852, non foi ata a década de 1970 cando os científicos comezaron a observala.